Robaliza ao sal

Ingredientes:


1 robaliza de 1 kg aproximadamente, 2 kg de sal moi groso, 1 lima, 1 dente de allo, 1 presa de perexil, 4 follas de cilantro, 5 patacas medianas, 3 culleres de aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:

    1. Acender o forno a 200ºC
    2. Secar a robaliza.
    3. Poñer nunha fonte para forno a metade do sal.
    4. Colocar enriba a robaliza e relar a pel da lima por enriba do peixe.
    5. Cubrir o peixe co resto de sal de  maneira que quede ben tapado cunha capa grosa.
    6. Meter no forno durante 45 minutos.
    7. Lavar as patacas e cortalas pola metade lonxitudinalmente.
    8. Poñer as patacas nunha fonte de forno, botarlles un pouco de sal e un pouco de aceite.
    9. Metelas no forno ao mesmo tempo que o peixe.
    10. Triturar o allo, o perexil e o cilantro mesturalos co zume da lima e as 3 culleres de aceite.
    11. Cando o peixe estea feito sacar do forno, romper a costra de sal e servir o peixe sen pel.
    12. Acompañar de patacas. Botarlle ás patacas e ao peixe un pouco de salsa por enriba.


    Dificultade: Media
    Tempo aproximado: 55 minutos.



    Comentarios