Cabaciñas recheas de queixo feta e aceitunas negras

Ingredientes:

2 cabaciñas medianas, 1 cebola mediana, 70 g de queixo feta, unha presa de aceitunas negras sen oso, 1 dente de allo, unha presa de anacardos, 8 follas de menta aceite de oliva virxe extra, sal, pementa negra moída.






Elaboración:


  1. Acender o forno a 150ºC.
  2. Cortar as cabaciñas en anacos de 6 cm, aproximadamente.
  3. Cunha culler pequena baleiras a pulpa dos anacos de cabaciña facendo coma un vaso. Reservar a pulpa.
  4. Colocar os "vasiños" de cabaciña nunha fonte para o forno, botarlles un pouco de sal e metelos no forno uns 15 minutos.
  5. Picar moi fina a cebola e pochala nunha tixola cun pouco de aceite.
  6. Cando a cebola estea feita engadir o dente de allo moi picado.
  7. Picar a pulpa das cabaiciñas e engadir á tixola, deixar facer a lume forte remexendo de vez en cando, ata que perdan toda a auga.
  8. Noutra tixola tostar os anacardos.
  9. Mesturar a pulpa das cabaciñas, os anacardos tostados, as aceitunas picadas, o queixo feta en anacos pequenos e as follas de menta moi picadiñas.
  10. Encher os "vasiños" de cabaciña coa mestura anterior.
  11.  Poñer un pouco de queixo feta enriba de cada anaco de cabaciña.
  12. Meter ao forno uns 15 minutos.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios