Ingredientes:
1 polbo de 2 kg aproximadamente, 1 pataca por comensal, aceite de oliva virxe extra variedade arbequina, pemento doce da Vera, sal maldon.Elaboración:
- Se o polbo é fresco conxelalo durante, polo menos, dous días.
- Poñer unha tarteira ao lume con auga suficiente para cubrir completamente o polbo.
- Cando a auga está fervendo de seguido meter e sacar o polbo nela por tres veces.
- Despois da terceira vez deixar o polbo na auga fervendo durante 40 minutos, coa tarteira tapada.
- Pinchar cun mondadentes na parte máis gorda para comprobar que está feito.
- Apagar o lume e deixar repousar o polvo, na auga quente, durante 15 minutos.
- Mentres coce o polbo, poñer a cocer as patacas en auga con sal e unha folla de loureiro.
- Cando estean cocidas, e o polbo listo para servir, botarlles un pouco de pemento e aceite por enriba.
- Sacar o polbo da auga e cortar en anacos, botarlle o sal maldon, o pemento e o aceite ao gusto.
- Servir o polbo e as patacas.
Suxestión: as patacas poden cocerse na tarteira co polbo.
Nota: Coller o punto ao polbo parece complicado, así sae ben seguro.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 50 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario