Ingredientes:
150 g de fariña de garavanzos sen glute, 30 g de Maizena, 30 g de sementes de sésamo sen glute,90 g de auga, 40 g de aceite de oliva virxe extra, 4 g de lévedo de repostaría, 3g de sal, 1 g de azucre.Elaboración:
- Mesturar todos os ingredientes sólidos, remexer.
- Engadir o aceite e a auga remexendo. Formarase unha masa un pouco pegañenta.
- Acender o forno a 200ºC.
- Formas pauciños coas mans e poñelos na fonte do forno cuberta de papel ou tapete de silicona.
- Meter no forno durante 25 minutos ata que estean un pouco dourados.
Recollida en Garstronomía y Cia.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario