Coliflor mariñada en aceite de oliva

Ingredientes:

Unha coliflor mediana, 2 dentes de allo, 2 follas de loureiro, unha culler de pementa negra, 2 culleriñas de sal, 600 g de auga, 200 g de vinagre branco de mazá, 1 limón, aceite de oliva virxe extra variedade Arbequina.





Elaboración:


  1. Cortar a coliflor en flores pequenas.
  2. Relar a pel do limón, espremer o zume de limón.
  3. Poñer nunha tarteira todos os ingredientes.
  4. Levar a ebulición e deixar cocer a coliflor durante 10 ou 15 minutos, ten que quedar ao dente.
  5. Ferver uns botes de cristal para gardar a coliflor.
  6. Meter a coliflor, aínda quente, nos botes.
  7. Encher os botes de aceite de oliva virxe extra variedade Arbequina.
  8. Pechar os botes ao baleiro ou gardar na neveira.
  9. Consumir despois de cinco días.


Suxestións: Para engadir ás ensaladas ou tomar como aperitivo.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios

  1. En nuestra tierra es muy típico hacer estas cosas con cualquier tipo de verdura.
    Nos ha encantado!

    Saludos 'especiados'

    ResponderEliminar
  2. A min gustame moito a coliflor e calquer verdura e esta aposto que sabe muy ben,
    aprobeito pra deixarte un peremio en cinco fogons e felicitarte por este blog,
    Un saudiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas polo teu comentario, poderías explicarme o do premio, e que non sei de que se trata, pero sobre todo moitas grazas.

      Eliminar

Publicar un comentario