Ingredientes:
150 g de azucre moreno, 400 g de amorodos lavados e cortados, 1 cebola mediana, 50 ml dun bo vinagre branco, unha culleriña de pementa rosa, media culleriña de xenxibre en po.Elaboración:
- Limpar e cortar os amorodos.
- Mesturar os amorodos e o azucre, deixar macerar.
- Picar a cebola e poñela nunha tarteira cun pouquiño de aceite, a lume suave.
- Cando a cebola estea transparente engadir o resto de ingredientes e remexer.
- Deixar cocer ao lume suave ata que teña textura de marmelada.
Suxestión: Para acompar queixos, carnes ou peixes.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario