Cadradiños de limón


Ingredientes:

Para a prancha de biscoito: 4 ovos, 100 g de azucre, 100 g de fariña.
Para a crema de limón: 220 g de azucre, 3 ovos e unha xema, 100 g de manteiga, 200 g de zume de limón e a pel relada dun limón.
Para o glaseado de limón: zume de limón, azucre glass.


Elaboración:

  • Prancha de biscoito:
  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Bater os ovos co azucre ata que dobre o volume.
  3. Engadir a fariña pouco a pouco, con movementos envolventes e sen bater.
  4. Estender a mestura nunha bandexa de forno forrada con papel.
  5. Meter no forno 10 minutos.
  • Crema de limón:
  1. Fundir a manteiga no microondas e reservar ata que estea morna.
  2. Poñer nun bol, que se poida meter ao microondas, os ovos e a xema, engadir o azucre e bater ata que estea ben mesturado.
  3. Coar o zume de limón e engadirlle o relado da casca.
  4. Botar o zume de limón e a manteiga aos ovos, remexer.
  5. Meter no microondas a máxima potencia 1 minuto, remexer cunha culler de madeira. Repetir 3 ou catro veces ata que a crema espese.
  • Glaseado de limón:
  1. Mesturar o zume de limón co azucre glass ata que teña a consistencia desexada.
  • Montaxe:
  1. Estender a crema de limón sobre a prancha de biscoito
  2. Cortar o biscoito a metade e poñer unha metade sobre a outra facendo un bocadillo coa crema de limón dentro.
  3. Cortar as capas de biscoito en cadradiños do tamaño que se queira.
  4. Estender o glaseado sobre os cadradiños. Deixar que seque.



Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.



Comentarios