Ingredientes:
500 g de patacas, 2 cenorias, unha presa de xudías, sal, aceite de oliva virxe extra, leite evaporado, queixo parmesano relado. Para envolver: pan relado sen glute, 1 ovo, polenta sen glute, queixo parmesano relado. Saen unhas 24 boliñas.Elaboración:
- Pelar as patacas, as cenorias e limpar as xudías.
- Poñer a cocer todo en auga abundante con sal.
- Cando as verduras e as patacas estean cocidas, separar as patacas e esmagalas cun garfo.
- Cortar as cenorias e as xudías en anacos pequenos.
- Engadir as patacas esmagadas un pouquiño de aceite e un pouquiño de leite evaporado, remexer ata obter como unha masa.
- Engadir á "masa" de patacas os anaquiños de cenorias e xudías. Remexer.
- Engadir unha culler sopeira de queixo relado. Remexer.
- Formar unhas boliñas coas mans.
- Mesturar a polenta cun pouco de queixo parmesano.
- Pasar as boliñas por pan relado ovo e polenta mesturada co queixo.
- Fritir as boliñas en abundante aceite ben quente.
Suxestións: servir as boliñas como entrantes acompañadas de salsa de soia, servir as boliñas como guarnición de carne ou peixe.
Dificultade Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario