Pastas de coco e quinoa

Ingredientes:

125 g de coco relado, 25 g de quinoa 25 g de fariña de arroz, 50 g de maizena, 40 g de azucre, 130 g de horchata, 8 vainas de cardamomo, canela en po.



Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC
  2. Cocer a quinoa só con auga. Cando estea cocida, colala e reservar.
  3. Abrir as vainas de cardamomo e nun morteiro esmagar as sementes.
  4. Mesturar todos os ingredientes.
  5. Facer unha boliñas coa pasta obtida, ir colocándoas nunha fonte de forno sobre papel.
  6. Esmagar un pouco as boliñas e botar por enriba canela en po.
  7. Meter ao forno uns 20 minutos co ventilador acendido.
  8. Sacar do formo cando estean un pouco douradas.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios