Escuma de iogur con fresas

Ingredientes:

Para A escuma: 3 iogures naturais sen azucre e cremoso, 100 g de leite evaporado, 50 g de azucre.
Para as fresas: 500 g de fresas, azucre e augardente tostada ao gusto.
Para a presentación: un pouco de azucre muscovado.





Elaboración:


  1. Lavar e cortar as fresas, poñelas nun bol con azucre e augardente tostada ao gusto. Reservar.
  2. Mesturar os iogures, o leite e o azucre.
  3. Pasar a mestura a un sifón de 0,5 l, pechar e engadir unha carga de gas.
  4. Deixar repousar na neveira unha hora polo menos.
  5. Servir a escuma poñer enriba uns anacos de fresas e botar un pouco de azucre muscovado. 


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos máis o repuso na neveira.

Comentarios