Ingredientes:
150 g de zume de laranxa, a pel relada dunha laranxa, 25 g de azucre+ 12 g de pectina, 100 g de azucre, 3 g de ácido cítrico.Elaboración:
- Poñer nun cazo o zume de laranxa, a pel relada e a pectina mesturada cos 25 g de azucre.
- Poñer o cazo ao lume e cando empece a ferver ir botanto o segundo azucre aos poucos para que non baixe moito a temperatura. Remexer continuamente.
- Engadir o ácido cítrico sen deixar de remexer.
- Seguir quentado, retirar cando chegue aos 106ºC.
- Botar en moldes de silicona.
- Deixar repousar ata que endurezan e cortar ao gusto.
- Pasar as gominolas por azucre.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 15 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario