Ingredientes:
330 g de fariña sen glute (Adpan), 200 g de manteiga a temperatura ambiente, 2 xemas de ovo, 120 g de azucre glasé, 1 limón, media culleriña de sal.
Elaboración:
- Relar a pel do limón e espremer o zume. Reservar.
- Mesturar a manteiga e a fariña.
- Engadir o azucre e o sal, remexer ben.
- Engadir o zume de limón e a pel relada. Remexer ata que a masa estea lisa.
- Queda unha masa moi branda, o mellor é metela na neveira e cando estea un pouco dura sacala e darlle forma de rulo (ou de prisma), e metela no conxelador e deixala ata o día seguinte.
- Sacar a masa do conxelador, cortar en anacos duns 5 ou 6 mm de grosor.
- Poñer os anacos na bandexa do forno, sobre papel.
- Meter no forno a 180ºC durante 10 minutos aproximadamente.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: de elaboración uns 30 minutos, máis o tempo de conxelación.
Comentarios
Publicar un comentario