Ingredientes:
2 mazás, 2 ovos, 250 g de leite, 200 g de leite condensado, canela en rama. Azucre e auga para o caramelo.Elaboración:
- Poñer a ferver o leite coa canela. Cando empece a ferver retirar do lume.
- Pelar e cortar as mazás e poñelas nun bol, tapado con flin, para meter no microondas.
- Meter as mazás 5 minutos no microondas e reservar.
- Bater os ovos, engadir o leite condensado.
- Engadir o leite quente pouco a pouco sen deixar de bater.
- Nun cazo poñer 4 culleres de azucre e dúas de auga, poñer ao lume ata que o caramelo colla cor.
- Botar o caramelo no molde e repartir ben polo fondo e polas paredes.
- Poñer as mazás no molde e engadir a mestura de leite e ovos.
- Meter no microondas a máxima potencia durante 5 minutos, comprobar se o flan está callado pinchando un pao que ten que saír limpo. Se non está callado deixalo cocer 2 minutos máis e volver a comprobar se está feito.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 25 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario