Bica sen glute

Ingredientes:

150 g de manteiga cocida, 200 g de azucre, 200 g de fariña sen glute (Adpan), 15 g de lévedo químico sen glute, 6 ovos.



Elaboración:


  1. Acender o forno, a 180ºC, na parte de abaixo.
  2. Bater a manteiga cocida e o azucre.
  3. Ir engadindo os ovos, un de cada vez.
  4. Engadir a fariña mesturada co lévedo.
  5. Poñer a masa nun molde grande.
  6. Meter no forno, na parte de arriba.
  7. Deixar cocer 30 minutos.
  8. Ao sacala botar azucre por enriba cando aínda estea quente.




Baseada na receita de Cocina fácil "Sin gluten"
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 45 minutos


Comentarios