Ingredientes:
400 g de salmón afumado, 200 g de gambas, 300 g de pescada, 1 pataca mediana, unha presa de olivas, unha presa de cogombriños en vinagre, maionesa (mellor caseira), 1 ovo, aceite de oliva virxe extra.Elaboración:
- Utilizar un molde (ou calquera recipiente alto) de aproximadamente 18 cm de diámetro.
- Untar as paredes do molde con aceite.
- Cortar un anaco de film que cubra todo o interior do molde e que saia polos bordos. Untar de aceite o anaco de film e forrar o molde con el.
- Cubrir o interior do molde coas talladas de salmón afumado, que quede todo ben cuberto e sobresaíndo polos bordos para logo pechar o pastel.
- Cocer a pataca cun pouquiño de sal, deixala arrefriar e cortala en láminas.
- Cocer a pescada cun poquiño de sal, deixala arrefriar e esnaquizala.
- Cocer as gambas cun pouquiño de sal, deixalas arrefriar, pelalas e cortalas en dous ou tres anacos.
- Cocer o ovo, deixalo arrefriar e picalo moi picadiño.
- Picar as olivas e os cogombriños en vinagre.
- Mesturar todos os ingredientes, agás a pataca, engadir unhas dúas ou tres culleres de maionesa.
- Poñer no fondo do molde unha capa de patacas e engadir un pouquiño de aceite.
- Engadir a mestura dos demais ingredientes por enriba da pataca.
- Pechar o pastel co salmón que quedou colgando polos bordos, se é necesario, para que quede ben pechado, poñer algunha tallada máis de salmón.
- Deixar repousando na neveira.
- Poñer o prato para servir enriba do molde e darlle a volta, retirar o film e decorar.
Recollida en Webos fritos.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 45 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario