Ingredientes:
500 g de peitugas de polo enteiras, 3 cenorias, 1 cebola mediana, 200 g de piña natural, aceite de oliva virxe extra, sal, pementa negra moida, un pouquiño de auga.Elaboración:
- Cortar a cebola en xuliana e poñela a pochar nunha tarteira cun pouquiño de aceite.
- Cortar en dados o polo, as cenorias e a piña.
- Cando a cebola estea transparente engadir o polo, deixar que colla cor remexendo de cando en vez.
- Engadir as cenorias, deixar ao lume suave.
- Cando as cenorias comecen a facerse engadir a piña.
- Botar un pouco de sal e pementa. Remexer e deixar facer a lume suave uns 15 minutos.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario