Ingredientes:
200 g de garavanzos, 100 g de arroz bomba, unha cenoria, a parte branca dun allo porro, 4 pementos do "piquillo", un "zapatillo" ou cabaciña pequena, pementa branca moída, sal, ourego, aceite de oliva virxe extra, Crunchy Crumbs ou pan relado sen glute.Elaboración:
- Cocer os garavanzos e a cenoria.
- Cocer o arroz en auga cun pouco de sal.
- Picar a parte branca do porro e poñela nunha tixola cun pouquiño de aceite, deixar facer a lume suave.
- Cando o porro estea case feito engadir os pementos picados e o "zapatillo" relado. Deixar facer a lume suave.
- Unha vez que os garavanzos estean cocidos facer con eles e a cenoria un puré, sen poñer nada de auga.
- Engadir o arroz cocido ao puré de garavanzos.
- Cando as verduras estean feitas engadilas ao puré.
- Engadir un pouco de pementa, sal e ourego.
- Deixar repousar na neveira, mellor ata o día seguinte.
- Coller coas mans un pouco de puré e facer unha bóla, pasalo polo Crunchy Crumbs (ou pan relado) esmagándoa un pouco.
- Fritir, polos dous lados, nunha tixola cun pouquiño de aceite.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario