Chocos na súa tinta

Ingredientes:

1 kg de chocos limpos e en anacos, dúas cebolas medianas, catro pementos do "piquillo", catro culleres de tomate natural triturado ( ou un tomate mediano), un dente de allo, un vaso grande de viño branco, auga, aceite de oliva virxe extra, sal.




Elaboración:


  1. Cortar a cebola en xuliana, poñela, xunto co dente de allo, nunha tixola cun pouco de aceite a pochar suavemente.
  2. Cando a cebola estea case feita engadir os pementos cortados en anacos.
  3. Engadir as culleres de tomate triturado, ou o tomate natural cortado en anacos
  4. Cando o tomate estea feito pasar todo pola batedora de man.
  5. Poñer o puré nunha tarteira e engadir os anacos de chocos.
  6. Nun morteiro poñer as bolsiñas que teñen a tinta , pedir na peixería que as separen ao limpar os chocos.
  7. Machacar as bolsa para extraer a tinta, engadir o viño para disolvela.
  8. Engadir a tinta disolta á tarteira.
  9. Repetir a operación usando auga ata que teñas o líquido suficiente. Cada vez que botes a tinta disolta na tarteira faino cun coador, para non perder as bolsas.
  10. Deixar cocer todo a lume lento ata que os chocos estean brandos.
  11. Probar e rectificar de sal.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 h e 30 minutos

Comentarios