Biscoitos de soletilla

Ingredientes (saen uns 20):

1 ovo, 1 clara de ovo, 100 g de azucre, 2 culleres de maizena, 1 culler de fariña sen glute (Adpan).






Elaboración:

  1. Bater a xema co azucre ata que branquee e aumente o volume.
  2. Bater as claras a punto de neve.
  3. Mesturar a xema coas claras botando a xema nas claras e remexendo suavemente.
  4. Engadir á mestura anterior a fariña e a maizena pouco a pouco remexendo suavemente para que as claras non baixen.
  5. Acender o forno a 185ºC.
  6. Poñer a mestura nunha manga pasteleira cunha boquiña lisa e ancha.
  7. Forrar con papel a bandexa do forno. Poñer sobre o papel, coa manga pasteleira, tiras de masa de 6 ou 7 cm de longo separadas unhas das outras.
  8. Meter no forno e deixar facer uns 8 ou 10 minutos.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios