Tomates cherry en almibar

Ingredientes:

Tomates cherry, azucre, auga, cravos.


Elaboración:

  1. Facer un pequeno corte en cruz en cada un dos tomates.
  2. Escaldar os tomates e pelalos.
  3. Preparar un almibar poñendo o dobre de peso de auga que de azucre.
  4. Poñer os tomates en botes de vidro, enchelos co almibar e botar tres cravos en cada bote.
  5. Pechar os botes ao baleiro.

Suxestións: Poden utilizarse para ensaladas ou para acompañar a queixos.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o tempo necesario para pechar os botes)

Comentarios

Publicar un comentario