Ingredientes:
500 g de peituga de polo, unha cebola grande, 65 g de salsa de soia sen glute, media coca-cola light, aceite de oliva virxe extra.Elaboración:
- Cortar a cebola en xuliana, poñela nunha tarteira cun pouco de aceite e deixar pochar a lume lento.
- Cortar a peituga en dados grandes e poñer nun recipiente coa salsa de soia, reservar.
- Cando a cebola estea pochada engadir á tarteira os anacos de polo escorregado e remexer, cando o polo xa colla temperatura engadir a salsa de soia que quedou no recipiente.
- Subir un pouco o lume en cando o polo coa salsa de soia comece a ferver engadir a coca-cola, esperar a que comece a ferver outra vez remexendo de vez en cando.
- Cando ferva baixa o lume e deixar que o líquido reduza a metade.
Suxestión: servir acompañado de arroz branco ou un puré de patacas.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora e 45 minutos
Comentarios
Publicar un comentario