Pescada con zamburiñas en salsa verde

Ingredientes:

1 kg de lombo de pescada, 12 zamburiñas, 2 dentes de allo, unha presa de perexil, un vaso de auga, un vaso de viño branco, media culler de maizena, catro patacas, aceite de oliva virxe extra.


Elaboración:

  1. Salgar o lombo de pescada e reservar.
  2. Pelar as patacas e cortalas en toros de medio centímetro de grosor, poñelas a cocer en auga fervendo con sal.
  3. Nunha tarteira poñer un pouco de aceite de oliva, engadir os dentes de allo pelados e cortados e poñer ao lume.
  4. Disolver a maizena nun pouco de auga.
  5. Cando os allos comecen a saltar engadir a maizena disolta e remexer, seguir engadindo o resto da auga e o viño.
  6. Cando empece a ferver engadir o perexil moi picado e un pouco de sal, deixar ferver uns dez minutos.
  7. Poñer a pescada na salsa e cociñar a lume suave.
  8. Nunha tixola poñer un pouco de aceite e quentar a lume forte, saltear as zamburiñas.
  9. Poñer no prato uns anacos de pataca e enriba un anaco de pescada e tres zamburiñas, engadir un pouco de salsa.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios