Ingredientes:
200 g de arroz redondo, 2 culleres de queixo parmesano relado, media mazá, media morcilla de Burgos sen glute, dúas presas de piñóns, seis pementos do "piquillo", dúas culleres de Pedro Ximenez, aceite de oliva virxe extra.Elaboración:
- Poñer a cocer o arroz cun puco de sal.
- Tostar os piñóns, picalos cando estean fríos e reservar.
- Pelar a mazá e cortala en anacos pequenos.
- Quitarlle a pel á morcilla e desfacela.
- Nunha tixola poñer un pouco de aceite, engadir os anacos de mazá e a morcilla desfeita, remexer e deixar facer a lume suave.
- Deixar arrefriar a morcilla e a mazá cando xa estean feitas.
- Cando o arroz estea feito engadirlle o queixo e remexer, deixar arrefriar.
- Co Perfect Roll ou cunha esterilla para facer makis, facer rolos de arroz coa morcilla dentro.
- Pasar cada un dos rolos polos piñóns picados.
- Poñer nunha tixola un pouquiño de aceite, engadir os pementos do "piquillo" e poñer a lume suave.
- Cando os pementos estean ben quentes engadir o Pedro Ximenez e deixar ao lume ata que reduza.
- Triturar os pementos ata facer un puré.
- Servir os rolos de arroz e morcilla co puré de pementos.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario