Crema de cabaza con crocantes

Ingredientes:

1,5 kg de cabaza, aceite de oliva virxe extra, curry, pementa negra, comiño, 500 ml de caldo de verduras (ou auga), sal.



Elaboración:

  1. Pelar e cortar en dados a cabaza.
  2. Poñer nunha tarteira un pouco de aceite, refogar a cabaza.
  3. Engadir un chisco de pementa negra moída, curry e dúas ou tres sementes de comino. Remexer.
  4. Deixar ao lume baixo a cabaza remexendo de vez en cando.
  5. Cando os anacos de cabaza empezan a coller cor, engadir o caldo( ou a auga) e o sal.
  6. Cando estea a cabaza cocida pasar a batedora para facer a crema. Probar e rectificar de sal.
  7. Crocante de xamón: poñer unhas rebandas finas de xamón sobre unha folla de papel de cociña e tapalas con outras dúas follas. Meter no microondas a máxima potencia 2 minutos e 30 segundos. Sacar do microndas e reservar.
  8. Crocante de queixo: poñer unhas rebandas finas de queixo sobre papel de forno, meter no microondas a máxima potencia durante 1 minuto e 30 segundos. Sacar do microondas e reservar.
  9. Servir a crema cuns anacos de crocante de xamón e de queixo.




Dificultade: Fácil.

Tempo aproximado:1 hora e media.



    Comentarios