Ingredientes (para catro):
125 g de leite, 125 g de nata, 75 g de azucre, 50 g de xemas de ovo, 50 g de follas de herba luisa, 6 g de xelatina, 250 g de nata montada.
Elaboración:
- Mesturar o leite e a nata, poñer ao lume e engadir as follas de herba luisa, deixa infusionar polo menos 30 minutos.
- Mesturar as xemas e o azucre.
- Poñer a xelatina a remollo en auga.
- Cando a infusión estea morna colar e mesturar coas xemas e o azucre, poñer ao lume e quentar ata 85ºC.
- Engadir a xelatina escorregada e remexer, coar.
- Cando a mestura anterior estea a 30 ou 35ºC, engadir un pouco da nata montada e emulsionar.
- Engadir o resto da nata montada, mesturar suavemente.
- Deixar repousar na neveira.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario