"Fajitas" ao meu xeito

Ingredientes:


Tortillas de millo sen glute, cenoria, porro, cabaciña, langostinos, aceite virxe extra, salsa de soia sen glute.
Para a ensalada: Rúcula, tometes cherry, aceite virxe extra, vinagre e sal.




Elaboración:

  1. Cortar todas as verduras en bastonciños finos.
  2. Nunha tixola, con moi pouquiño, aceite saltear as verduras. Facelas maís ou menos segundo o gusto.
  3. Mentres se van facendo as verduras ir quentando as torillas.
  4. Cando as verduras estean casi feitas botar un pouquiño de salsa de soia sobre as verduras e remexer. Engadir os langostinos.
  5. Retirar do lume cando os langostinos estean feitos
  6. Poñer en cada tortilla a mestura de verduras e langostinos.
  7. Servir cunha ensalada de rúcula e tomates cherry.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.



Comentarios