Ingredientes:
Verduras: cabaciña c/s, cenoria c/s, pemento c/s, cebola c/s, salsa de soia sen glute c/s,Arroz: arroz c/s, dentes de allo, auga, aceite de oliva virxe extra c/s, sal
Elaboración
- Cortar todas as verduras
- Poñer a pochar nunha tixola o pemento e a cebola cun pouquiño de aceite de oliva. Facer a lume lento ata que a cebola estea transparente.
- Unha vez que a cebola e o pemento estean pochados engadir a cenoria. Cociñar a lume lento ata que a cenoria empece a facerse, despois engadir a cabaciña, remexer todas as verduras e deixalas a lume lento ata que estean feitas.
- Cando as verduras estean feitas botarlles por enriba un chorro de salsa de soia e remexer. Reservar.
- Facer un arroz branco.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario