Torta de tomates cherry con requeixo

Ingredientes (para molde de 20 cm de lado):

Para a masa: 200 g de fariña panificable sen glute*, 100 g de manteiga, un ovo.
Para o recheo: 250 g de requeixo, 3 ovos, tomates cherry (os necesarios para encher o molde), aceite de oliva virxe extra, pementa negra moída, ourego, sal.



Elaboración:

Masa:
  1. Poñer a fariña nun recipiente, cortar a manteiga fría en anacos e, coa man, mesturar coa fariña.
  2. Engadir o ovo batido e mesturar.
  3. Amasar un pouco, sobre a mesa, e formar unha bóla. Meter na neveira 30 minutos.
  4. Quentar o forno a 190ºC.
  5. Estirar a masa e cubrir o molde, previamente enfariñado.

Recheo:
  1. Poñer o requeixo nun bol e engadirlle pementa, ourego, sal e un pouquiño de aceite. Mesturar.
  2. Bater os ovos e engadirllos ao requixo. Mesturar.
  3. Botar enriba da masa e colocar os tomates cortados á metade cubrindo toda a superficie.
  4. Meter no forno 35 ou 40 minutos.



Dificultade: Fácil, a masa é moi fácil de facer incluso con fariña sen glute.
Tempo aproximado: 1 hora e media.



* Por suposto pode facerse con fariña de trigo, ou comprar masa quebrada se non queres amasar.

Comentarios