Torta de cabaciña

Ingredientes:

Unha prancha de masa follada sen glute ( ou con el), cabaciña cortada moi fina  suficiente para cubrir a masa, dous pementos do piquillo, queixo relado (calquera).





Elaboración:

  1. Quentar o forno a 180ºC.
  2. Estirar a masa.
  3. Cubrir a masa coa cabaciña.
  4. Picar moi fino o pemento e botalo enriba da cabaciña.
  5. Cubrir co queixo relado.
  6. Meter ao forno, a altura media, 25 ou 30 minutos.




Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 40 minutos

Comentarios